A XXX Carreira Popular “San Xiao” está organizada polo Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, celebrarase o domingo día 13 de xaneiro de 2013, a partir das 11:00 horas da mañá.
As inscricións das categorías absolutas poderánse efectuar a partir do día 3 de Xaneiro ata as 22’00 horas do día 10 de xaneiro na seguinte dirección:
www.championchipnorte.com
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente. Os dorsais entregaranse dúas horas
antes do comenzo de cada proba.
Fonte: http://www.fgatletismo.es/ferrol/
Inscricións categorías benxamín, alevín, infantil e cadete
Para participar nesta xornada, deberase inscribir os participantes a través da seguinte direccion no formulario da páxina Web da delegación www.fgatletismo.es/ferrol, o máis tarde, o mércores anterior á
carreira.
Lembramos que a carreira popular San Xiao é tamén unha proba do XIII Circuito Ferrolán de Campo a
Través, evento que forma parte do Programa Xogade, polo que será requisito indispensable de cara a participación no citado circuito, inscribir os nenos no programa.
www.deporteescolargalego.com
Asimesmo lembramos que no caso dos colexios, tal e como describe o art. 4 do presente regramento do
XII circuito Ferrolán de Campo a Través, ademais de efectuar a inscripción de cada un dos participantes,
deberase remitir un listado por categoría e sexo de todos os participantes de cada centro, que deberá estar asinado polo Director/a de cada centro; as oficinas de deportes do Concello de Ferrol o máis tarde, o
mércores anterior á xornada.
Mais Información:
Reglamento: XXX Carreira Popular “San Xiao” (San Julián).pdf
www.championchipnorte.com
www.fgatletismo.es/ferrol/
www.deporteescolargalego.com
0 comentarios:
Publicar un comentario