A XXX Carreira Popular “San Xiao” está organizada polo Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, celebrarase o domingo día 13 de xaneiro de 2013, a partir das 11:00 horas da mañá.
Estamos inscritos 794 corredores na proba dos 10.000 metros, carreira con alta participación.
Os poño a predición do tempo de meteogalicia para Ferrol (venres, 11 de xaneiro de 2013), penso que é importante polo condicionante na forma de correr, tede moito cuidado co adoquinado debido a chuvia.
Pola mañá ceos moi anubrados con chuvias; pola tarde as precipitacións serán máis intermitentes, con apertura dalgún claro ocasional. Temperaturas sen cambios significativos. Vento moderado con intervalos fortes do norte durante toda a xornada.
Fonte: meteogalicia.es
Mais Información:
Reglamento: XXX Carreira Popular “San Xiao” (San Julián).pdf
www.championchipnorte.com
www.fgatletismo.es/ferrol/
www.deporteescolargalego.com
¡Sorte a todos!
0 comentarios:
Publicar un comentario