12 enero 2013

XXX Carreira Popular “San Xiao” (3)

                        Cartel de la XXX  Carreira  Popular  “San  Xiao”

A XXX  Carreira  Popular  “San  Xiao” terá un dispositivo de 50 persoas entre a Policía Local, a Protección Civil e integrantes do Club Ciclista Ferrol velarán pola seguridade e o desenrolo da proba.  Cortarán totalmente o tráfico no circuíto e o regularán nas súas inmediacións.

Celebrarase mañá, domingo día 13 de xaneiro de 2013, a partir das 11:00 horas. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuízes (Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo)
 e está organizada polo Concello de Ferrol.

Os dorsais entregaranse dúas horas antes do comenzo de cada proba. O día da carreira farase ata 30 minutos antes do comenzo do evento nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro, zona de saida e meta.
Fontes: www.fgatletismo.es/ferrol/ e www.championchipnorte.com 

As distancias e horario de saída serán os seguintes:

- 11:00 h. Categorías benxamín e alevín…….…….………900 m., aproximadamente.

- 11:10 h. Categorías infantil e cadete .............................. 2.700 m., aproximadamente.

- 11:30 h. Resto das categorías ...................................... 10.000 m., aproximadamente.

A proba terá mais de mil atletas que participarán na XXX Carreira Popular de San Xiao. Ademais das categorías de benxamín e alevín, infantil e cadete; estamos inscritos 794 corredores na proba dos 10.000 metros; é una carreira con alta participación e por descontado con moi bon ambiente.

Percorrido:  Av. de Esteiro e de Vigo, estrada de Circunvalación, Ruas Mac Mahón e Taxonera en dirección á rúa Irmandiños ata o seu enlace coa Costa de Mella, rúas da Igrexa, Rochel, Magdalena, Real, Dolores e María ate a praza de España, onde se collerá novamente a Avenida de Vigo, estrada de Circunvalación, rúas Mac Mahón e Taxonera e a Avenida de Esteiro para voltar ao lugar de inicio, o polideportivo de Esteiro.


A saída e a chegada serán nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.

Os poño a predición do tempo de meteogalicia para Ferrol día 13 ( feita o sábado, 12 de xaneiro de 2013),  penso que é importante polo condicionante na forma de correr, tede moito cuidado co adoquinado e losas de pedra debido a chuvia.

Ceos anubrados con chuvascos frecuentes durante a xornada. Temperaturas sen cambios significativos. Vento forte do norte pola mañá e moderado do norte o resto da xornada. Ferrol : T entre 9ºC e 12ºC.
Fonte: meteogalicia.es

Mais Información:


...Algunos de los nombres más destacados de la disciplina a nivel local y gallego –entre otros Paula Mayobre o el triatleta Brais Canosa– estarán en Ferrol para completar un exigente circuito urbano de unos 10 kilómetros de recorrido que discurre por diferentes barrios de la ciudad naval y que partirá a las 11.30 horas del polideportivo de Esteiro. diariodeferrol.com

0 comentarios: