08 mayo 2015

9.ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, Concello da Laracha

                         
                     
 Cartel da 9ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte A 9.ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego e o Concello da Laracha, celebrarase o domingo día 10 de maio de 2015 na localidade da Laracha.

                                Percorridos e os distintos horarios.

Realizaranse catro carreiras de acordo cos seguintes horarios e categorías:
• 10.00 horas - Categorías xuvenil, cadete e infantís
• 11.00 horas - Categorías alevín e benxamín
• 11.30 horas – Categoría pitufos
• 12.00 horas – Categorías júnior, promesa, sénior e veteranos

Categorías e Quilómetros percorrido:
Pitufos: Nen@s que naceron entre o ano 2008 ao 2011 (600 m)
Benxamín: Nen@s que naceron nos anos 2006 e 2007 (950 m)
• Alevin: Nen@s nados en 2004 e 2005 (950 m)
Iinfantil: Nen@s nados nos anos 2002 e 2003 (5.000 m)
Cadete: Escolares nados nos anos 2000 e 2001 (5.000 m)
Xuvenil: Escolares nados nos anos 1998 e 1999 (5.000 m)

Adultos: Homes e mulleres nados en 1997 ou antes (9.500 m)


Percorrido: 9.500 metros (estará sinalizado en cada km): saída, ás 12.00 horas, da Explanada do Instituto, rúa Manuel Murguía, rúa Plácido Pedreira, rúa Argentina. Dúas voltas á rúa Santa Lucía, rúa Eusebio Bertoa Queijo, 3ª Travesía Eusebio Bertoa Queijo, rúa José Añón, Ctra. As Calzadas, Pereiro, A Balsa, A
Areosa, Igresario da Areosa, A Botica. Rúa Argentina, rúa Plácido Pedreira, rúa Manuel Murgúía. Meta na Explanada do Instituto.

Os dorsais e chips recolleranse na zona de saída o mesmo día da proba dende as 8.30 h ata media hora antes de cada saída.


Fuente: championchipnorte.com
Estamos inscritos 946 corredor@s, na absoluta 547. Vémonos en A Laracha. ¡Sorte a todos y moito sentidiño!

0 comentarios: